Friday 10 de May de 2024

O PP de Culleredo reclama ao alcalde Rioboo que deixe de acusarlles da parálise nos investimentos


O Grupo Popular cullerdense mostrou o seu enfado e a súa preocupación polas reiteradas alusións que o alcalde José Ramón Rioboo realizou no Pleno ordinario do pasado martes día 12 respecto da votación do Pleno de outubro, onde os populares non apoiaron a moción do Goberno Municipal que solicitaba a aprobación inicial dun expediente de crédito extraordinario e dun suplemento de crédito.
“O que non apoiamos nin imos apoiar xamais é o darlle carta branca ao alcalde e aos seus concelleiros para gastar o diñeiro de todos de modo arbitrario. As partidas orzamentarias hai que explicalas, xustificalas. Non podemos aceptar epígrafes tan xenéricos como os que se nos presentaron. Así non”, declara Izaskun García, portavoz popular. “Pedímoslles en numerosas ocasións sentarnos e que nos explicasen que investimentos estarían beneficiadas por ese suplemento e cales quedarían fóra, especificar as partidas, e en todas elas foi imposible obter esa información. Así desde logo, que non conten co apoio do Partido Popular”, volve insistir García.

Desde o Grupo Popular instan o alcalde a que explique aos cidadáns como é que unorzamento aprobado en marzo, a mes de outubro necesita ser complementado cunha
modificación de crédito. “Que tipo de previsións tivéronse en conta para que o orzamento resultase insuficiente en apenas 7 meses. Talvez teña algo que ver a escalada no orzamento para festas que nos últimos 4 anos aumentou un 500%. Unha mostra máis da improvisación coa que traballa este equipo de Goberno, que ten máis probabilidades de acertar á lotería que na realización dun orzamento”, sentencia a portavoz popular.

“Os constantes intentos do señor alcalde por manipular a realidade e tentar confundir aos veciños, son intolerables”, recalca García. “Un goberno municipal con maioría absoluta que só é capaz de licitar o 30% dos investimentos e executar apenas o 16% non pode ter a pouca vergoña de acusar o principal partido da oposición de paralizar a execución do orzamento municipal”.